ORIENTACIÓN ACADÉMICA e PROFESIONAL


                                 
INFORMACIÓN SOBRE QUE PODO ESTUDAR


Recoméndovos unha páxina con moita información sobre orientación académica e profesional:

        

Só tés que premer na imaxe para entrar nela.


Na pestana “proyecto vocacional” – “reflexiono sobre mi” tendes Test de orientación vocacional. Aconséllovos fagades o “Test Gran Recorrido

Na mesma páxina, nas pestanas “FP Grado Medio” e "FP Grado Superior"- “oferta en videos” tendes Videos sobre FP

Na mesma páxina, na pestana “outros estudos” ou “seguridad” tendes información sobre Ensinanzas Especiais (deportes, danza..) e Forzas Armadas.

Na mesma páxina, na pestana “Universidad” tendes unha lista dos Graos organizados por ramas, a descrición dos graos e máis de 100 videos dos graos e onde estudalos

Na páxina http://www.avanzaentucarrera.com/  Na pestana “Estudios en España” atoparedes información tamén sobre moitos Graos e Ciclos etc...



UNIVERSIDADE

As páxinas das 3 universidades Galegas son as seguintes:
(Só tés que premer nas imaxes para entrar nelas)           

   

· Universidade de Santiago

  (Campus Santiago e Lugo)



En "máis perfís"-"Futuros Estudantes" tedes: Oferta de graos, bolsas, residencias, OIE...





· Universidade da Coruña

  (Campus Coruña e Ferrol)



En "Estudar na UDC"- "Futuros Estudantes" tedes: Graos, bolsas, aloxamento, transporte...







- Universidade de Vigo

  (Campus Vigo, Pontevedra e Ourense)





Neste último enlace pinchando en “Estudar"-"Qué estudar" tedes: estudos de grao, videos e as materias dos graos. En “orientación en liña” vos ensinan a empregar oprograma Nerta,  etc...



FUNDAMENTAL A PÁXINA DA CIUG
    
Neste enlace atoparedes toda a información referente a ABAU, Ponderacións, Notas de corte, etc… das tres universidades galegas.


FP EN GALICIA

Aquí atoparedes toda a información sobre ciclos de FP, Probas de Acceso, Validacións (paso de CF Sup a Universidade)


ENSINANZAS ESPECIAIS 


Ensinanzas Deportivas, Ensinanzas Artísticas...

-------------------   ----------------------------    --------------------------------   ---------------------------

         
            • BECAS para o curso 2022-23

              O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 30 de marzo ata o 12 de maio ás                      12:00h .
               Para ver toda a información Accede neste enlace

         
           • Buscador da Voz de Galicia curso 2020-21. Que quero Estudar?

            Descubre o que podes estudar ao remate do Bacharelato empregando o seguinte 
            buscador da  Voz de Galicia  Accede neste Enlace

          
    • Organízome Na Casa durante o Confinamento
    Se non sabes como organizar os teus estudos na casa, aqui tendes unha sinxela presentación que te axudará a facelo en 5 pasos:





        Aprendo a relaxarme e controlo a miña ansiedade...     Mindfulness

          Truco para controlar a ansiedade: método 5-4-3-2-1
Este método contra a ansiedade é realmente sinxelo pero eficaz para recuperar o control da mente cando sentimos que vai perder o equilibrio.
Este truco axuda a regresar ao presente e saír do estado de ansiedade, confiando nos nosos cinco sentidos: vista, oido, tacto, olfacto e gusto.

O primeiro paso consiste en mirar ao teu redor e identificar cinco cousas que podas ver nese momento.

A continuación, debes referir catro cousas que podas escoitar, e unha vez identificadas, tres cousas  que poidas sentir, que poden ser desde os pés nos zapatos ata un anel no dedo.

Tras concentrarte no que sentes, deberás entonces recoñecer duas cousas que poidas cheirar nese  intre e finalmente, unha cousa que poidas saborear nese momento, que pode ser a túa lingua ou a túa propia saliva.

Os pasos pódense facer rápidamente,  e como ves son extremadamente sinxelos. A pesar da súa sinxeleza, a efectividade da ferramenta fronte á ansiedade é ampliamente respaldada.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

* Ante calquera dúbida enviade unha mensaxe  Á ORIENTADORA ao seguinte e-mail:

                                murgavilla@gmail.com

Indicando o voso nome completo e o curso e grupo o que pertencedes.

Tentarei contestar coa maior brevidade posible

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------