ORIENTACIÓN ACADÉMICA e PROFESIONAL


                                 
INFORMACIÓN SOBRE QUE PODO ESTUDAR


Recoméndovos unha páxina con moita información sobre orientación académica e profesional:

        

Só tés que premer na imaxe para entrar nela.


Na pestana “proyecto vocacional” – “reflexiono sobre mi” tendes Test de orientación vocacional. Aconséllovos fagades o “Test Gran Recorrido

Na mesma páxina, nas pestanas “FP Grado Medio” e "FP Grado Superior"- “oferta en videos” tendes Videos sobre FP

Na mesma páxina, na pestana “outros estudos” ou “seguridad” tendes información sobre Ensinanzas Especiais (deportes, danza..) e Forzas Armadas.

Na mesma páxina, na pestana “Universidad” tendes unha lista dos Graos organizados por ramas, a descrición dos graos e máis de 100 videos dos graos e onde estudalos

Na páxina http://www.avanzaentucarrera.com/  Na pestana “Estudios en España” atoparedes información tamén sobre moitos Graos e Ciclos etc...



UNIVERSIDADE

As páxinas das 3 universidades Galegas son as seguintes:
(Só tés que premer nas imaxes para entrar nelas)           

   

· Universidade de Santiago

  (Campus Santiago e Lugo)



En "máis perfís"-"Futuros Estudantes" tedes: Oferta de graos, bolsas, residencias, OIE...





· Universidade da Coruña

  (Campus Coruña e Ferrol)



En "Estudar na UDC"- "Futuros Estudantes" tedes: Graos, bolsas, aloxamento, transporte...







- Universidade de Vigo

  (Campus Vigo, Pontevedra e Ourense)





Neste último enlace pinchando en “Estudar"-"Qué estudar" tedes: estudos de grao, videos e as materias dos graos. En “orientación en liña” vos ensinan a empregar oprograma Nerta,  etc...



FUNDAMENTAL A PÁXINA DA CIUG
    
Neste enlace atoparedes toda a información referente a ABAU, Ponderacións, Notas de corte, etc… das tres universidades galegas.


FP EN GALICIA

Aquí atoparedes toda a información sobre ciclos de FP, Probas de Acceso, Validacións (paso de CF Sup a Universidade)


ENSINANZAS ESPECIAIS 


Ensinanzas Deportivas, Ensinanzas Artísticas...

-------------------   ----------------------------    --------------------------------   ---------------------------

         
 CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES. 

 • Convocatoria 2024/25

Convocatoria de prazas nos Centros Residenciais Docentes de Vigo, Coruña e Ourense para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

 1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 19 de xullo de 2024 (este incluído).

 2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2024 (este incluído)

Presentación de solicitudes

1         As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal
    a.       Opcionalmente, poderanse presentarse as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.
    b.       Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2         O formulario normalizado de solicitude (anexo I) e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo II), ademais estarán dispoñibles:

    a)       No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
    b)      Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

3         A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante ou polo seu representante legal, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que todos os datos contidos na solicitude e na documentación achegada son certos; así mesmo, que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica.

Resumo da convocatoria:


Máis información no seguinte enlace:  

https://credovigo.es/wp-content/uploads/Convocatoria-Residentes-2024-25.pdf

 

BENESTAR EMOCIONAL

 Aprendo a relaxarme e controlo a miña ansiedade...     Mindfulness          

  Truco para controlar a ansiedade: método 5-4-3-2-1

Este método contra a ansiedade é realmente sinxelo pero eficaz para recuperar o control da mente cando sentimos que vai perder o equilibrio.
Este truco axuda a regresar ao presente e saír do estado de ansiedade, confiando nos nosos cinco sentidos: vista, oido, tacto, olfacto e gusto.

O primeiro paso consiste en mirar ao teu redor e identificar cinco cousas que podas ver nese momento.

A continuación, debes referir catro cousas que podas escoitar, e unha vez identificadas, tres cousas  que poidas sentir, que poden ser desde os pés nos zapatos ata un anel no dedo.

Tras concentrarte no que sentes, deberás entonces recoñecer duas cousas que poidas cheirar nese  intre e finalmente, unha cousa que poidas saborear nese momento, que pode ser a túa lingua ou a túa propia saliva.

Os pasos pódense facer rápidamente,  e como ves son extremadamente sinxelos. A pesar da súa sinxeleza, a efectividade da ferramenta fronte á ansiedade é ampliamente respaldada.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------

* Ante calquera dúbida enviade unha mensaxe  Á ORIENTADORA ao seguinte e-mail:

                                murgavilla@gmail.com

Indicando o voso nome completo e o curso e grupo o que pertencedes.

Tentarei contestar coa maior brevidade posible

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------